información cidadá INFORMACIÓN CIDADÁ

galego | castellano

inicio

A Policía

Concepto

  1. O Corpo da Policía Local do Concello de Narón é un Corpo de Seguridade cunha misión de protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades, garantir a seguridade cidadá e colaborar na defensa do Ordenamento xurídico: estatal, autonómico e local.
  2. O Corpo da Policía Local de Narón é unha Forza e Corpo de Seguridade, como tal é un instituto armado de natureza civil, cunha estrutura e organización xerarquizada, cuns compoñentes que actuarán no ámbito territorial do municipio de Narón, agás nas situacións descritas no artigo 2 do presente Regulamento.
  3. Terán a consideración de auxiliares da Policía Local, os axentes que teñan asignadas misións de vixilancia en relación coas dependencias, edificios municipais e calquera outra misión de vixilancia que poida ser asignada polo Sr. Alcalde ou Concelleiro Delegado.