información cidadá INFORMACIÓN CIDADÁ

galego | castellano

inicio

Museo

ORIXE DA ACTIVIDADE

O museo da Policía Local de Narón, se ben xa dende tempo atrás roldaba a idea en espera de ser levada a cabo, faise realidade no ano 2007 da man dos axentes D. Benxamín Hermida González e D.Manuel Santalla Vivero, poñendo grande empeño e esperanza en que o devandito proxecto chegase a bo porto e especialmente lograse plasmarse nun conduto de interrelación xa non só entre os distintos membros desta policía local, senón entre as distintas policías locais da bisbarra, doutros corpos cos que día a día se desenvolve unha estreita relación tanto no ámbito profesional como no persoal, e como non, de todos e cada un dos cidadáns aos que con orgullo e dedicación prelanuxes nosos servizos, tratando así de achegar ao cidadán a presenza da policía local como un punto de referencia non só á hora de intervir cando xorden adversidades, senón como un corpo próximo e plenamente social.

ACTIVIDADES DE MELLORA, ACTUACIÓNS E RECURSOS UTILIZADOS

Dende entón, iníciase en conxunto co resto do equipo|persoal de Policías de Narón, e coa colaboración do Concello, a recolección de material usado de Policía, e a toma de contacto con coleccionistas de artigos policiais de España e outros países Estranxeiros, para intercambiar artigos, se ben nun principio, nos iniciamos basicamente no noso corpo policial.

Tratouse de recuperar materiais de antigos membros do corpo, obtendo así obxectos que no seu momento se pretendía totalmente desaparecidos e practicamente irrecuperables, de aí a satisfacción na que vos encontramos inmersos xa que podemos mostrar grande parte da historia que supuxo a Policía Local de Narón.

É de sinalar de entre os materiais recompilados, a presentación da primeira motocicleta deste corpo, emblemas totalmente desaparecidos na actualidade, fotografías antiquísimas de grande valor histórico e sentimental, así como unha morea de artigos que dende logo paga a pena observar.

Todos os materiais que se foron recompilando, se lles reservou unha pequena zona onde foi perfectamente acondicionada para a súa exposición e poder recibir visitas do publico en xeral, colexios, e compañeiros de profesión doutros corpos.

Doutra parte e como se mencionou anteriormente, é tamén pretensión levar a cabo unha recolección de artigos das distintas policías locais da bisbarra, de Galicia, de España e de corpos policiais doutros países, colaborando así na difusión do noso corpo policial e no achegamento a outros corpos de seguridade que dunha ou outro xeito identifícanse connosco.

DIFUSIÓN DO PROXECTO

A Policía Local de Narón preocupouse de dar a máxima publicidade do seu museo nos distintos medios de comunicación, de maneira que se coñecese a existencia da exposición coa que contamos. Os medios utilizados foron mayormente a Televisión, prensa escrita local e rexional, e no ámbito nacional mediante articulo presentado nas distintas publicacións de seguridade, mediante a páxina webdo Excmo. Concello de Narón, así como co contacto directo con outros corpos de policía.

OBXECTIVOS

A finalidade que se pretende alcanzar dende esta Policía Local, é dotarnos de material abondo para a realización dunha grande exposición de carácter permanente de Material Policial, onde o cidadán de Narón e os visitantes da nosa poboación, poidan ter un punto de referencia a visitar, ademais de que se poida incluír nos programas e medios empregados polo Concello para a difusión doConcello de Narón no ámbito local, rexional e nacional.