Sufrir un roubo
PAUTAS A SEGUIR
- Manter a calma.
- Non tocar nin mover nada. Non pechar ningunha fiestra ou porta. Non cambiar nada de sitio, chamar rapidamente á Policía, e esperar a que cheguen os axentes, non é prudente entrar, en moitos casos, os delincuentes xa se marcharon, pero ás veces aínda seguen no interior do domicilio violentado.
- É moi importante que cando chame á Policía, indique o lugar exacto de onde se produciu o roubo, facilitando o seu nome.
- Presentar denuncia. Ter a man, se é posible, os documentos que acrediten a titularidade dos obxectos roubados (facturas, fotografías, etc.). Indicar á Policía calquera información á que teña acceso (veciños, amizades, sospeitas de alguén etc.) relativa ao feito. Se sospeita de alguén, manifestalo non é acusalo, é achegar información para poder resolver o caso, e realizaranse as correspondentes comprobacións se procede.
- Solicitar unha copia da denuncia. Pode facer falta para a reclamación á compañía de seguros.
- Se lle sustraeron tarxetas de crédito, ha de cancelalas por teléfono, canto antes. Faga o conveniente con outras documentacións.
- Se lle sustraeron unha bolsa ou unha carteira con chaves e direccións do seu domicilio estando fora do seu domicilio, avise a calquera persoa (familiar, amigo, etc.) para que controle a súa vivenda mentres dá os pasos anteriores. Se non hai ningunha persoa no seu domicilio ou non coñece o teléfono dalgún veciño ou familiar que poida realizar esta vixilancia momentánea, informe aos axentes de Policía.
- Despois cambie as pechaduras que sexan necesarias da súa propiedade.
- Antes de renovar a documentación espere un tempo prudencial, xa que ás veces os documentos chegan á oficina de obxectos perdidos da súa localidade. Se tivo que realizar novas documentacións e despois aparece a subtraída, ha de comunicalo de inmediato levando a copia ou xustificante de denuncia como referencia.
ROUBO NO INTERIOR DO VEHÍCULO
- Non deixar nada de valor no interior do vehículo. Se polo motivo que sexa (traballo, pracer etc.), non é posible, o máis conveniente é que o poña no maleteiro do vehículo. É moi conveniente que o poña antes de chegar ao estacionamento ou lugar onde teña que deixalo, xa que os posibles amigos do alleo -LADRÓNS- poderían velo. Sempre que poida non o deixe nun sitio moi apartado.