información cidadá INFORMACIÓN CIDADÁN

galego | castellano

inicio

Educación Viaria

A enerxía do planeta

As nosas rutas

Eiquí podedes ver e descargar as rutas que levamos a cabo cos diferentes nenos e nenas do noso Concello durante todo o curso lectivo.

Material co que podedes facer as rutas acompañados e acompañadas de que vosotras e vosoutros queirades.


Ruta nº 4(descargar mapa)

Colexio
Piñeiros
Ruta antiga que fixeron en 1904
Doniños
Ruta nova 2010
Camiño inglés
Curso
5º-6º de Primaria
Dificultade
Media
Duración
2:15 horas
Distancia
22 km.
Rutómetro
Saimos do colexio pola rua Rio Castro hacía a Estrada de Castela e lhí collemos a estrada do Feal ata o campo da lebre, continuando polo lugar de Areosa ata a Estrada do cementerio municipal. Logo pasamos polo Lugar da venta ata o Pazo de Libunca, collendo á dereita ata Pena Embade, continuando por esta estrada ata pasar por enriba da autovía, no lugar do Salgueiral; tras pasar a ponte pillamos á esquerda ( indicacións con frechas blancas e vermellas no chan), continuando por un cruce a dereita por un camiño sen asfaltar paralelo á antiga estación de Radio da Mariña. Chegamos o final desta pista sen asfaltar, onde temos un cruce coa Estrada de Carreira-Pedroso (AC112). Collemos á dereita ata chegar ata a primeira pista parcelaria que atopamos á esquerda( de grava), no lugar de Sabín, continuando toda esa pista ata chegar á Casa das Lousas, onde collemos á dereita ata chegar ao Carballo(Cruce coa estrada que vai a Valdoviño por Sedes).
Cousas a ver
Inicio do Camiño de San Andrés de Teixido, Pazo de Libunca, Antiga Estación de Radio da Mariña, Casa das Lousas, Monte de Nenos, vista panorámica da entrada da Ria de Ferroltera, vista da Praia Valdoviño e Costa de Narón.