As nosas rutas
Eiquí podedes ver e descargar as rutas que levamos a cabo cos diferentes nenos e nenas do noso Concello durante todo o curso lectivo.
Material co que podedes facer as rutas acompañados e acompañadas de que vosotras e vosoutros queirades.
- Colexio
- Virxe do mar
- Ruta antiga que fixeron en 1904
- Excursión Xubia
- Ruta nova 2010
- Ruta dos Muiños
- Curso
- 5º-6º de Primaria
- Dificultade
- Baixa
- Duración
- 2:30 horas
- Distancia
- 13 km.
- Rutómetro
-
Saimos pola Rua Sálvora, collemos a esquerda pola rua Mestre Mateo, continuando a esquerda pola rua ilas Sisargas ata a
Ponte das Cabras, de ahí proseguimos pola Estrada da Trincheira, a estrada da Gandara ata o cruce coa Concepción Arenal, seguimos pola
rua Concepción arenal ata a rotonda de Alcampo, onde viramos a esqueda pola rua Castelao ata chegar ao inicio do Paseo da
Gandara(Renault) , onde comeza o carril bici. Imos polo paseo da Gandara ata o clube de remo, onde remata este paseo. Chegamos á
rotonda, onde viramos a esquerda pola estrada da Gandara dirección A Faisca pasando a ponte da autovía e metémonos a dereita polo
Camiño de Santiago, continuando por éste ata o Camiño da A gatoira, collendo á dereita polo camiño do Vilar chegando mais tarde
á Picota, onde viramos á dereita pola rua Soría ata o Mosteiro do Couto. Paramos no Mosteiro do Couto, para posteriormente proseguir
pola Camiño de Santiago ata o Salto, seguindo todo o Camiño de Santiago, pasando por baixo a ponte da F11, ata o Outeiro, logo
proseguimos ata o Muiño das Aceñas.
- Cousas a ver
- Ribeira, Ponte Das Pias, inicio do Camiño De Santiago dende Narón, Mosteiro Do Couto, Ponte do tren do Couto, Muiño das Aceñas
(Muiño De Marea), Paseo Marítimo de Xubia, Muiño de Xubia, Magnolio, Fabrica textil (antiga fabrica de Armas e Ceca), Ponte de Xubia.