información ciudadana INFORMACIÓN CIUDADANA

galego | castellano

inicio

Educación Vial

La energía del planeta

As nosas rutas

Eiquí podedes ver e descargar as rutas que levamos a cabo cos diferentes nenos e nenas do noso Concello durante todo o curso lectivo.

Material co que podedes facer as rutas acompañados e acompañadas de que vosotras e vosoutros queirades.


Ruta nº 5(descargar mapa)

Colexio
Ponte de Xubia
Ruta antiga que fixeron en 1904
Fene-Neda
Ruta nova 2010
Paseo de Xubia-Neda-Couto
Curso
5º-6º de Primaria
Dificultade
Baixa
Duración
2 horas
Distancia
9,70 km.
Rutómetro
Saida na rua Foro, pasando por Marcial Calvo, logo Paseo de Xubia dirección Neda(Camiño de Santiago), facemos o paseo de Neda (Camiño de Santiago), seguimos pola rua de Santa Mariña chegando ata Avda Algeciras ou Estrada de Ortigueira, metémonos pola rua Paraiso, continuando pola rua de Sobre a vila, pasamos pola rua Xeneral Morgado, logo Avda de Castelao, pasando a ría pola Ponte do Couto (tren).Paramos no Mosteiro do Couto, proseguimos pola Camiño de Santiago ata o Salto, seguindo todo o Camiño de Santiago, pasando por baixo a ponte da F11, ata o Outeiro, logo proseguimos ata o Muiño das Aceñas, continuando o Camiño de Santiago polo paseo de Xubia ata a Rua Marcial Calvo, para rematar na Rua Foro.
Cousas a ver
Magnolio, Fabrica Textil (Antiga Fábrica de Armas e Ceca), Ponte de Xubia, Ponte Peonil de Nedaxubia, Paseo Marítimo de Neda (Camiño de Santiago por Neda), Igrexa de Santa María de Neda, Casco Vello de Neda, Estación do Tren de Neda, Ponte do Couto(Peonil), Mosteiro do Couto, Camiño de Santiago de Narón, Muiño das Aceñas (Muiño de Marea), Paseo Marítimo de Xubia.